Durante a construcción da pantalla sería recomendable colocar un elemento de sinxela eliminación no nivel axeitado e que permita aloxar cómodamente a lousa na mesma, sen ter que acudir a picados que resultan sempre custosos.
O picado da pantalla na zona de esforzos importantes produce un gran debilitamento da mesma. Adoptar esta solución implica unha comprobación da capacidade da pantalla nas seccións afectadas e un estudo por bataches construtivos alternados.