Cando a lousa incida sobre unha medianeira construida, deberase dispor unha prancha continua de poliestireno de 2 a 5 cm de espesor para evitar unións que conduzan a interferencias adicionais entre cimentacións.
Ainda que non sexa sempre necesario reforzar os bordes das lousas, aconsellamos dispor unha viga embebida e estribada. Os estribos xogan un papel importante fronte ó posible punzonamento que poderían orixinar os pilares e tamén axuda a soportar a parrilla superior de armaduras.
Para lousas de canto < 40 cm, a anchura A da viga de borde será A = H. Para valores superiores, A é maior ou igual a 40 cm.